Berrande · Galicia

Viticultura de montaña.

Unha tradición que segue viva

Descubrir ↓
Sonlleira

A montaña é a orixe.

Na ladeira que máis horas de sol recibe, a memoria da viña segue viva. Desde Berrande, recuperamos unha tradición vitícola ligada á terra, ás castes e ao traballo de cada día.

A montaña non é
o escenario.
É a orixe.

Territorio · Altitude · Pedra · Tempo

A nosa historia

Unha tradición que volve agromar.

A comezos do século XX, o meu bisavó regresou da emigración e plantou unha viña. Hoxe continuamos ese legado, recuperando a viticultura de montaña e a memoria familiar.

O lugar

A terra

Unha paisaxe de montaña onde os bancais seguen a forma natural da ladeira e cada parcela ten a súa propia identidade.

Valdensás · Viticultura de montaña
A paisaxe por dentro

Pedra, orientación e relevo.

Valdensás sitúase nunha sinclinal da codia terrestre, sobre solos formados principalmente por filitas, rochas metamórficas relacionadas co esquisto e coa lousa. As viñas miran ao mediodía e esténdense en bancais que seguen a forma da montaña. Aquí, traballar a vide require coñecer cada parcela e adaptarse á orografía.

8 haValdensás
2 haTomonte
770 mAltitude aproximada máxima
A nosa maneira de facer

Coñecer a terra.
Respectar o viño.

Cada parcela e cada caste teñen a súa identidade. O noso labor consiste en comprender as súas particularidades e acompañar a elaboración con criterio, atención e control técnico. Seguimos unha elaboración tradicional, procurando que cada viño conserve a súa personalidade e a súa relación coa paisaxe da que procede.

Os tintos

Mencía · Bastardo · Sousón

Castes con raíces na nosa terra

Os brancos

Verdello · Dona Branca · Treixadura

A expresión das castes brancas

Os viños

Viños cun lugar de orixe.

Tintos e brancos · Castes tradicionais · Viticultura de montaña

Cada colleita é distinta. O noso propósito é elaborar viños con identidade, ligados ao lugar e ao traballo que os fai posibles.

Botellas de viño brancoBotellas de SonlleiraUvas tintas
Contacto

Falemos
de viño.

Queres coñecer mellor Sonlleira, os nosos viños ou o traballo que hai detrás de cada colleita? Escríbenos. Estaremos encantados de conversar contigo.

Sonlleira · Berrande · Galicia

A montaña é a nosa orixe.
O viño, a nosa maneira de contala.

Sonlleira · Berrande · Galicia